“Os amores de Jacques o fatalista” é a obra que abre a proposta teatral da Primavera Cultural de Tomiño

Os artistas en escena son catro: María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplican no cambio de personaxes durante a peza dirixida por Quico Cadaval

 

 

Tomiño, 6 de abril de 2017.- “O meu antigo amo adoitaba dicir que todo o bo ou malo que nos pasa aquí abaixo estaba escrito alá arriba”. Con esta frase, de Denis Diderot, comeza Producións Excéntricas a sinopse da obra teatral “Os amores de Jacques o fatalista”, que porá en escena este sábado, 8 de abril, no Auditorio de Goián.

Trátase da segunda actividade da axenda da Primavera Cultural organizada pola Concellalía de Cultura que dirixe Cristina Martínez.

Os artistas en escena son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplicarán no cambio de personaxes, de puntos de vista, etc.

 

Argumento: Jacques e o seu amo camiñan cara ao lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo cóntanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor. Aproveitando que están solos, permítense dicir cousas que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante.

Este “paraíso masculino” remata cando aparece en escena a Pousadeia. Ou cando Jacques e o outro chegan á pousada dela.

 

Ficha Técnica e Artística

Elenco:

Víctor Mosqueira, como Jacques

Marcos Orsi, como o amo

María Costas, como a posadera

Piti Sanz, como o marido da posadera

 

Espazo Escénico:  Marcelino de Santiago, “Kukas”

Deseño de Iluminación:  Octavio Mais

Dirección Musical: Piti Sanz

Vestiario: Vaello

Produción: Rubén G. Pedrero

Autor: Denis Diderot

Adaptación e Dirección: Quico Cadaval

Lugar, data e duración: Auditorio de Goián (Tomiño), sábado 8 de abril, 22.00h.

Custe da entrada: 5 euros. A venda será na taquilla, dende 1 hora antes do comezo da función.

 

 



X