10 Nov 2016 Os cidadáns de Tomiño e Cerveira poderán escoller, a partir de hoxe, tres proxectos para ser realizados conxuntamente por ambos concellos

  • O Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) , dotado con 20.000 euros, é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia

 

  • Os cidadáns dos dous municipios poden votar a partir de hoxe e durante un mes, para elixir tres proxectos de entre seis das área de Cultura, educación e acción social.

 Flyer galego 1Flyer galego 2

A partir de hoxe e durante un mes, se inicia unha novidosa experiencia de cooperación co lanzamento do primeiro orzamento participativo  de carácter transfronteirzo.

Mediante este proceso de participación os cidadáns de Tomiño e Vila Nova de Cerveira poderán escoller mediante votación telemática, tres proxectos de cooperación (a realizar ao longo de 2017) de entre seis, redactados no marco da Axenda de Cooperación Transfronteirza Cerveira Tomiño.

 

Son seis os proxectos presentados para que cerveirenses e tomiñeses, maiores de 18 anos e electores nos concellos, poidan escoller os tres preferidos, un por cada categoría.

En Educación, as propostas a escoller son a realización da Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017 ou o 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño

En Cultura, se poderá elixir entre a organización da Festa Amizade Cerveira-Tomiño ou a realización do Encontro de Creatividade Cultural e Musical do Miño

Finalmente,  en Acción Social, se poderá optar pola elaboración dun Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil ou a dun Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade.

As fichas  explicativas dos proxectos figuran nunha páxina web creada expresamente para esta votación denominada  www. participacerveiratomino.eu

 

O proceso de votación é simple: trátase de entrar na páxina www.participacerveiratomino.eu e rexistrarse con nome, apelidos e número de DNI; premer en “Participa”, seleccionar un proxecto por cada categoría e votar. A participación é validada tras o cruzamento da información persoal do rexistro cos datos do padrón electoral, co fin de que o proceso sexa o máis transparente e seguroposible.

O período de votación é dun mes, rematando o día 10 de decembro. A presentación dos tres proxectos máis votados está prevista o día 12 de decembro.

 

Os proxectos de cooperación que se someterán a votación, son o resultado da actividade desenvolta durante varios meses polos grupos de traballo transfronteirizos (áreas de Educación, Cultura e Acción Social), nos que participaron unhas 40 entidades e persoas de ambas marxes; un traballo longo e concertado, desde o inicio do ano, enfocado á definición de prioridades e estratexias comúns.

 

O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño (OPT) é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Norte de Portugal /Galicia, que ten coma obxectivo involucrar aos cidadáns dos dous concellos veciños, na formulación de solucións para necesidades comúns. Dotado de vinte mil euros (20.000€), financiados ao 50% polas dúas entidades locais, servirá para costear os proxectos acometidos conxuntamente, tras a votación popular.

 

 

 



X