12 Dec 2016 Prorrogado até fin de ano o prazo de votación do Orzamento Participativo Transfronteirizo

Quen aínda non votou nos proxectos do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT) Cerveira-Tomiño 2017, ten tempo de facer a súa escolla entre os seis proxectos propostos.

Os gobernos dos concellos de Tomiño e Cerveira decidiron prorrogar, até 31 de decembro, o prazo para a votación a través do sitio web participa.cerveira.tomino.eu
Debido ao rexistro dun maior volume de participación os últimos días e ao interese manifestado en participar tras o prazo límite para votación – o pasado sábado 10 de decembro – os concellos de Vila Nova de Cerveira e  Tomiño concordaron ampliar o período de votación.

Así, as persoas que aínda non tiveron oportunidade de participar poden facelo até ao día 31 de decembro.
En total son seis as propostas, das cales cerveirenses e tominenses, maiores de 18 anos e electores nos concellos, poden escoller as tres preferidas, unha por cada categoría de intervención identificada, nomeadamente:
Educación:
– Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017
– 1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño
Cultura:
– Festa Amizade Cerveira-Tomiño
– Encontro de Creatividade Cultural e Música do Miño
Acción Social:
– Programa de Voluntariado de Apoio á Inclusión Social Infantil e Xuvenil
– Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade

 

O proceso de votación é simple, só implicando o rexistro do nome e número de DNI, no portal (participacerveiratomino.eu), premer en Participa, seleccionar un proxecto por cada categoría e votar.
O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño é un proxecto pioneiro na Euro-Rexión Norte de Portugal/Galiza que ten como obxectivo incentivar aos cidadáns dos dous concellos veciños na concreción de solucións para necesidades comúns.

O orzamento previsto é de 20.000 euros, financiado ao 50% polos dous concellos.
Os proxectos vencedores e con execución en 2017 serán anunciados no inicio de 2017.

 

 



X