28 Xuñ 2016 Tomiño acolle este xoves o acto de remate do proceso participativo do Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14 cun concerto e solta de linternas de ceo

Tomiño acolle este xoves o acto de remate do proceso participativo do Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14 cun concerto e solta de linternas de ceo.

Será o xoves 30 ás 22.00 horas na Praza do Seixo, onde terá lugar a presentación da candidatura final aos fondos Leader 2014-2020, para proxectos de desenvolvemento rural.

A noite festiva contará cun concerto en vivo da banda viguesa “Weli Kings” e solta de linternas voadoras.

 



X