17 Mai 2016 Tomiño celebra as Letras con xogos populares, música e venda de libros na Praza do Seixo

As persoas que participan nos obradoiros poden gañar unha camiseta alusiva

Letras camisetas 1

Co gallo de fomentar a transmisión artística e de tradicións, o uso normalizado do galego, e en definitiva, promover a cultura da terra, o Concello de Tomiño, celebrou o Día das Letras Galegas, na Praza do Seixo, cunha serie de actos, que se prolongaron ao longo de toda a xornada.

Numeroso público puido mercar libros en galego cun 40% de desconto, grazas á unha subvención municipal que tivo coma finalidade incentivar e promover a lectura en galego.

Ao mediodía a Agrupación Musical de Goián, ofreceu un concerto conmemorativo e, paralelamente, se impartiron diferentes obradoiros (marcapáxinas, xogos populares, etc.), coa colaboración do grupo de voluntariado local.

 

O premio para os participantes foi unha camiseta deseñada especialmente para a festividade das Letras, por María Sánchez Diz.

Letras Praza do Seixo 2Letras marcapáxinas 2Letras camisetas 2



X