08 Mar 2017 Tomiño conmemora o Día da Muller con música, cine e lecturas relacionadas coa temática

Os actos, organizados polo Concello, A deputación e outros colectivos, rematarán o día 18 de marzo coa proxección da película “Sicixia”, de Ignacio Vilar

 

O Concello de Tomiño organiza, a través da súa Oficina de Igualdade, e cola colaboración da Deputación e doutros colectivos, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

Aínda que o programa oficial comeza esta tarde, na Casa da Cultura, coa mesa redonda “Feminismo para avanzar”, a Praza do Seixo acolleu este mediodía varios actos conmemorativos. Comezando por un parón duns minutos, vestiuse logo a entrada do Concello cun mandala participativo “Se paramos as mulleres, paramos o mundo”, elaborado previamente polo paro internacional das mulleres.

Seguidamente, levouse a cabo unha “concentración-cacerolada” organizada pola asociación Adavas Baixo Miño.

Pola tarde, ás 20.30 horas, celebrarase una mesa redonda na Casa da Cultura, que será presentada por la alcaldesa, Sandra González, e na que intervirán Carmen Adán, Teresa Porrit e Erundina Benítez. Esta actividade está organizada por el grupo Acción Feminista do Baixo Miño, coa colaboración do Concello.

 

Mañá, 9 de marzo, ás 12.00 horas, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo “Who ya callin’ a witch?”, que consistirá nun percorrido pola historia das mulleres no hip-hop, con danza, voz en directo e Dj.

 

O sábado 11 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián, proxectarase “Visións”, un film colaborativo do Proxecto “Cinema e Muller”. Patrocinada pola Deputación de Pontevedra, intervirá Lara Bacelo, co-realizadora.

 

Seguindo co programa organizado por Concello e Deputación de Pontevedra, o venres 17, ás 20.30 horas, no Mercado Municipal, Montse Fajardo presentará os seus textos literarios “Un cesto de mazás” e “Matriarcas”.

 

Pechará o ciclo, a película “Sicixia”, de Ignacio Vilar, que se proxectará o sábado 18 de marzo, a partir das 20.30 horas no Auditorio de Goián.

Paralelamente aos actos, celebraranse obradoiros de igualdade nos centros escolares do concello.



X