04 Xul 2016 Tomiño recibe da Deputación unha achega de 60.000 euros para a construción dunha pista de atletismo no Mosteiro

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Tomiño sitúase no 82%, o que supón un investimento na vila de 1.019.241,09 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 60.000 € ao concello de Tomiño cos que se procederá ao financiamento da construción dunha pista de atletismo na área deportiva do Mosteiro. Esta axuda atópase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 739.835,61 € na liña 1 para a reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, o saneamento en Carregal de Abaixo, o saneamento nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val xunto coa conexión coa fase IV do saneamento na vila, a adquisición dun vehículo para o servizo de medio rural e a reforma do patio interior na escola infantil municipal, así como 219.405,48 €, na liña 4 -emprego- para a contratación de 25 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tomiño sitúase no 82,4% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila por parte do Goberno provincial acada a cifra de 1.019.241,09 €.



X