26 Dec 2016 Últimos días para votar no Orzamento Participativo Transfronteirizo Tomiño-Cerveira

  • O investimento previsto é de 20 mil euros, financiado ao 50% polos dous concellos
  • Os proxectos vencedores, e con execución en 2017, serán anunciados en breve

 

Entramos na derradeira semana de votación no Orzamento Participativo Transfronteirizo Tomiño-Cerveira 2017.

Os electores dos dous concellos son convidados a votar polos seus tres proxectos preferidos para seren concretados o próximo ano. O prazo remata ás 24h00 do día 31 de decembro.

Para votar telemáticamente hai que acceder á páxina web participacerveiratomino.eu

O proceso de votación é moi simple: basta premer en participa, seleccionar un proxecto por cada categoría, cubrir os datos (nome e número de DNI), e votar.

Cerveirenses e tominenses, maiores de 18 anos e electores nos concellos, poden escoller tres proxectos entre seis, unha por cada categoría de intervención (cultura, educación e acción social).

En Educación, pode elixirse entre a “Semana da Comunidade Educativa Cerveira-Tomiño 2017” ou o “1º Campus Deportivo e Educativo Cerveira-Tomiño”; na área de Cultura, hai que decantarse entre a “Festa Amizade Cerveira-Tomiño” ou o “Encontro de Creatividade Cultural e Música do Miño”; e finalmente, na vertente da Acción Social, a selección será entre a elaboración dun “Programa de voluntariado de apoio á inclusión social infantil e xuvenil” ou dun “Programa transfronteirizo para a información, apoio e visibilidade das problemáticas de accesibilidade”.

O orzamento previsto é de 20 mil euros, financiado ao 50% polos dous concellos. Os proxectos vencedores, e con execución en 2017, serán anunciados en xaneiro próximo.



X