Xestión de incidencias

Aquí pódese solicitar por parte dos cidadáns ou cidadás as a actuación dos servizos de intervención na vía pública, como limpeza, iluminación, estado da rúa, mobiliario urbano, semáforos..etc.

 

Para iso ten que encher o formulario cos datos necesarios, unha vez enviado o formulario enviaráselle un correo electrónico cun código que lle servirá como número de referencia para facer o seguimento da incidencia.

 

Non é necesario achegar documentación, aínda que o formulario permítelle achegar arquivos coa información que considere oportuna.

 

Os cidadáns ou cidadás poden dar avisos sobre os seguintes servizos ou bens municipais:

  • Xeral: aquí poder dar aviso sobre calquera dano, deficiencia ou anomalía que considere oportuna.
  • Camiños: pódese reclamar a reparación dun dano ou deterioro do pavimento, xa sexa na beirarrúa ou na calzada.
  • Alumeado: pódese tramitar a reparación ou corrección de tramos apagados, tramos intermitentes, rexistros de farois abertos con cables ao aire, roubos de cable, tapas de arquetas afundidas ou rotas, armarios ou rexistros de farol abertos con cables á vista, etc.
  • Vespas asiáticas: pódese dar aviso para a retirada e niños de vespa asiática. Para iso é necesario que ao crear a incidencia que ademais da dirección onde se atopa o niño, é moi importante que se especifique a localización, a altura á que se atopa e o tamaño de niño.
X