O Club Deportivo Miño “Os Teixugos” logra nove novas medallas na Copa David Castro A proba, aprazada polo mal tempo, corresponde á Liga Galega de Promoción do Slalom e foi celebrada esta fin de semana

Despois do seu aprazamento por causas meteorolóxicas, por fin este domingo celebrouse no río da Pedra en Tomiño, a Copa David Castro de Slálom, correspondente a Liga Galega de Promoción de Slálom. Os máis pequenos de cada club acudiron a esta cita, dando o mellor de si mesmos.

O balance final para o club Deportivo Miño, non poido ser mellor, con nove medallas para os seus deportistas.

Ainhoa Barreiro gañou en K1 e foi segunda en C1 na categoría Infantil, a súa compañeira de equipo e categoría, Alba Soutelo, foi a mellor en C1 e segunda en K1.

En K1 benxamin, Javier Luch acadou o bronce, o seu compañeiro Sergio Álvarez foi cuarto e Pedro Lomba, sexto; nesta categoría o gañador foi o representante do Club Tea de Mondariz Pablo Alfaya.

En K1 alevín, o gañador foi Valentín Varela do Penedo Importa, e o teixugo Adrián Lluch rematou sexto. Na mesma categoría pero na modalidade C1, Adrián rematou cuarto, sendo o gañador, Aarón González do Penedo.

E finalmente, na categoría Infantil masculina, na modalidade K1,  Sergio Rodríguez foi o gañador da proba, Samuel Castro, rematou segundo, Alexis Segadaes, cuarto e Mateo Álvarez, sexto. En canoa, Samuel Castro foi primeiro e Sergio Rodríguez segundo.

Na clasificación final por equipos, o Club Deportivo Miño Teixugos resultou gañador, seguido polo Club Penedo Importa e o Montaña Quixós .

A próxima cita co slálom será o vindeiro domingo en Salvaterra, coa II Copa Galaico Portuguesa de Promoción de Slálom.

FOTOS:

https://photos.app.goo.gl/kUpG8Lukf9JkGCxK2

Texto: Rosa F. Carrera



X