08 Oct Os cortes eléctricos no Baixo Miño motivan unha reclamación conxunta dos catro concellos á compañía A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño solicita unha reunión co responsable de zona e co delegado institucional para esixir medidas que garantan a continuidade do servizo e eviten os prexuízos á veciñanza e aos negocios.
8 de outubro de 2026.- A preocupación compartida polos concellos da Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño ante os constantes cortes de subministro eléctrico levou á Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño a abordar esta problemática na súa última reunión e a acordar unha reclamación conxunta...