A alcaldesa de Tomiño recolleu o premio de Unicef polo traballo a prol da infancia e a adolescencia

A rexedora recibiu o recoñecemento de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, no Teatro Buero Vallejo de Guadalajara

DSC_0724

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, recolleu onte de mans do alcalde de Guadalajara, no Teatro Buero Vallejo, a distinción de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada por Unicef no VII Certame de Boas Prácticas; un concurso no que se premian proxectos ou actuacións exemplares a favor da infancia e a adolescencia, levadas a cabo por gobernos locais e outras entidades públicas e privadas.
En Galicia so dous municipios recibiron este recoñecemento no 2014: Verín (Ourense) e Tomiño (Pontevedra).
No caso de Tomiño o xurado tivo en conta para outorgar esta distinción, o proxecto “É Aprender, unha sociedade que educa”, no que voluntarios e voluntarias axudan a desenvolver tarefas de apoio escolar a alumnado da ESO.
O xurado, formado por UNICEF Comité Español, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Federación Española de Municipios e Provincias e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia, fixo público o pasado venres, 17 de outubro, o seu fallo sobre o certame, concedendo en total 36 distincións del VII Certame de Boas Prácticas e 56 Selos Recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, a cidades e pobos españois, polo seu traballo polos dereitos dos nenos.

Alcaldesa recolle premio Boas Prácticas
A alcaldesa de Tomiño asegurou sentirse orgullosa de representar a Tomiño no acto de entrega dos premios e sinalou que o goberno local está moi satisfeito con esta distinción “especialmente por vir dunha entidade coma Unicef, que supón un aliciente máis para seguir a traballar pola infancia e a mocidade de Tomiño”.

 



X