A Casa da Cultura acollerá unha charla sobre trastornos depresivos e ansiedade A conferencia será impartida polo médico Joaquín Martínez Valente, quen abrirá logo un tempo de coloquio coas persoas que asistan

CHARLA SOBRE TRASTORNOS DEPRESIVOS E ANSIEDADE
A Casa da Cultura de Tomiño acollerá unha charla sobre trastornos depresivos e ansiedade, o vindeiro día mércores, 10 de outubro, a partir das 20.00 horas. A actividade vai destinada principalmente a persoas maiores, coidadores/as e familias, aínda que a participación está aberta a toda a veciñanza.
O obxectivo principal é sensibilizar á poboación sobre a importancia dos hábitos de vida saudables, e fomentar a saúde física e psíquica, tanto na mocidade, como nas persoas dependentes e nos seus coidadores ou coidadoras.
Esta charla está organizada pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Tomiño e o Colexio de Médicos de Pontevedra.
As INSCRICIÓNS poden realizarse no seguinte enlace:  http://tomino.gal/charla-sobre-transtornos-depresivos-e-ansiedade/


X