A Casa da Cultura de Tomiño acolle o Outono Cultural 2014 por terceira fin de semana consecutiva

A Casa da Cultura de Tomiño, recentemente reformada, continúa acollendo o Outono Cultural 2014, coa participación de varios grupos destacados do panorama teatral galego

Este domingo, 19 de outubro, chega “Misión Sapiens”, da Compañía Malasombra Produccións

Con grande éxito de público, a Casa da Cultura de Tomiño acolle o Outono Cultural 2014 por terceira fin de semana consecutiva.

Abríu o ciclo, o pasado día 5, a obra “Sede de mal”, un espectáculo dos actores Luis Iglesia e Xabier Deive.

O seguinte domingo chegou “Decameron, historias para tempos ruíns”, con Cándido Pazó, e este domingo, 19 de outubro, os tomiñeses e tomiñesas poderán ver “Misión Sapiens”, da Compañía Malasombra Produccións, conXoque Carbajal, Jouse García, Xabier Deive, Luis Iglesia e Marcos Orsi. Xoque Carbajal, fundador da compañía, exerce de presentador e condutor dunha serie de relatos expostos por cada un dos actores. Ademais, este equipo de grandes profesionais nos dará consellos prácticos sobre como adaptarnos xeitosamente nun grupo e triunfar entre as demais persoas.

No mes de novembro, haberá outras tres propostas artísticas. O domingo 16 actuará na Casa da Cultura a partir das 20 horas, Mofa e Befa, coa súa obra “Cociña económica”.

O 23 do mesmo mes tocaralle ás “As do Peixe”, pechando o ciclo o día 30 Fulano, Mengano e Citano coa súa proposta “Viva a crise”.
Todas as sesións son na Casa da Cultura, os domingos ás 20.00 horas, con entrada xeral de 3 euros, que se pode comprar dende unha hora antes en taquilla.

 



X