21 Xuñ 2017 A Escola Municipal de Teatro clausura o curso con tres obras diferentes As representacións terán lugar esta fin de semana no Auditorio de Goián

A Escola Municipal de Teatro clausura o curso 2016/2017 coa presentación, esta fin de semana, no Auditorio de Goián, de tres obras de fin de curso; unha por cada tramo de idade.

O sábado, 24 de xuño, ás 20.30 horas, actuará, en primeiro lugar, o grupo dos “Medianos”, coa obra “Os trasnos de Pitocairo”; unha vila na que trasnos e nenos se alían para impedir a instalación dunha fábrica contaminante.

Seguidamente, os “Pequenos” porán en escena “Mamá gatiña”; unha peza que conta como unha gata, tenta preparar a merenda dos gatiños, a pesar da presenza dun molesto rato.

Finalmente, os “Maiores”, representarán “Cousas da Vida”; peza na que a trama xira arredor dunha compañía teatral que cancela a súa función, obrigando aos traballadores do teatro a converterse en improvisados actores. Esta actuación será o domingo, 2 de xullo, ás 20.30 horas.



X