A OMIX de Tomiño trae o curso máis doce Aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de ‘Chupipostres’, que se celebrará do 9 ao 30 de abril no Mercado Municipal

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño  abre o prazo de inscrición para participar no curso máis doce de toda a programación anual: un obradoiro de ‘Chupipostres: cupcakes e galletas de mantequilla’. O curso, dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos, celebrarase do 9 ao 30 de abril nas instalacións do Mercado Municipal e as clases se impartirán todos os luns de 20.00 a 22.00 horas.

A través deste curso, todas e todos os participantes aprenderán todo o relacionado co mundo dos cupcakes e da repostería creativa con decoracións inspiradas na época do ano e partindo desde cero, o que abre as portas a todas aquelas persoas que se acheguen por primeira vez a este tipo de postres.

Dun xeito divertido, o alumnado aprenderá que é un cupcake e como se elabora, ademais de recibir consellos e trucos para cociñalos. Tamén descubrirán como elaborar frosting e achegaranse á decoración con pasta de azucre ou fondant e á elaboración de figuras en formatos 2D e 3D. Outro apartado do obradoiro será a creación de galletas de manteiga, coa correspondente decoración; o uso da manga pasteleira e a conservación de produtos.

O curso custará 18 euros e se necesitará un mínimo de 15 persoas para impartilo. Pode facerse a inscrición premendo aquí.

Éxito do curso de pilates

Pola súa banda, aínda está aberto o prazo de inscrición para participar no Curso de Francés Básico, que arrancou este mércores 7 de marzo e para o que aínda queda algunha praza dispoñible. O curso celebrarase ata ao 23 de maio na Escola Obradoiro de Goián. Neste caso, unha profesora nativa encargarase de impartir o curso, de 24 horas de duración e que se desenvolverá todos os mércores de 20.00 a 22.00 horas.

A inscrición pode facerse aquí.

E éxito rotundo do curso de pilates para avoas, nais e fillas, que comezou este mércores as clases no auditorio de Goián e que arrancará o venres 9 de marzo as da Casa da Cultura de Tomiño. Máis de 80 mulleres inscribíronse para participar neste curso no que ademais dos beneficios desta disciplina tamén traballará o fortalecemento entre o grupo.



X