A piscina municipal de Cerveira amplía o horario para dar resposta á demanda dos clientes tomiñeses O cambio consiste na ampliación de media hora máis polas mañás, pasando das 08.00 ás 07.30h (hora portuguesa) a apertura da instalación

Atendendo á continua demanda, especialmente, da poboación tomiñesa, para utilizar os servizos da Piscina Municipal de Vila Nova de Cerveira, o goberno local vén de ampliar o horario actual de funcionamento, de forma de dar resposta ao crecente número de usuarios e usuarias.

O cambio consiste na ampliación de media hora máis polas mañás, pasando das 08.00 ás 07.30 horas (hora portuguesa) a apertura da instalación.

Deste xeito, o horario de apertura e peche da piscina, queda coma sigue:

Horario da Piscina Municipal (hora portuguesa):

  • De luns a venres:

07.30h-13.00h / 14.30h-21.00h

  • Sábados:

09.00h-13.00h / 15.00h-19.00h



X