03 Mai 2017 A Universidade de Vigo organiza o vindeiro sábado (6 de maio), co apoio do Concello e da Sociedade Geológica de España, a excursión “Tomiño – Burato dos Mouro; O Rosal – As Bornas”, dentro do programa “Geolodía 17”

A Universidade de Vigo organiza o vindeiro sábado (6 de maio), co apoio do Concello de Tomiño e da Sociedade Geológica de España, a excursión “Tomiño – Burato dos Mouro; O Rosal – As Bornas”, dentro do programa “Geolodía 17”. Oro entre o Miñor e o Miño. A febre mineira galaico-romana.

Os Geolodías pretenden achegar á sociedade tanto a Xeoloxía como a profesión do xeólogo. Consisten nunha excursión de campo guiada por xeólogos e xeólogas, totalmente gratuíta e aberta a todo tipo de público. Realízase en lugares interesantes pola súa contorna xeolóxica, e proporciónase unha información rigorosa a nivel divulgativo. É tamén unha maneira de sensibilizar á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico.

É necesario apuntarse previamente en:
https://goo.gl/forms/0iSYTZ3WSYIzReIv2

Máis información e inscricións:

www.sociedadgeologica.es



X