Aberto o prazo para participar nas probas para a obtención da certificación de competencias dixitais

As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula até o vindeiro día 6 de novembro

Dende hoxe, venres 31 de outubro, as persoas interesadas en presentarse ás probas libres presenciais para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), en diversas aulas CeMIT, entre elas a de Tomiño, poderán formalizar a súa preinscrición dende a web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.es), tal e como dispón a resolución publicada no día de hoxe no DOG.
Despois do prazo de 7 días naturais, publicarase a lista provisional de admitidos (por orde de inscrición), aos que se lles comunicará que terán un prazo de 5 días naturais para efectuar o pagamento das taxas do dereito do exame, para proceder á súa matriculación.
Asemade, e pola mesma Resolución, ábrense ao público en xeral os contidos formativos do CODIX, a través dun programa de autoformación de libre acceso.

Para máis información, pódese contactar con Daniel Ozores, responsable da aula CeMIT do Concello de Tomiño, pasando pola aula sita no Campo da Feira (no Seixo); chamando ao teléfono 986623304, ou ben, mandando un correo a dirección cemit.tomino@xunta.es.

 

 



X