ALUMNADO E PROFESORADO CELEBRAN O DÍA INTERNACIONAL DO IOGA EN GOIÁN A práctica de ioga reuniu a máis de trinta alumnos, alumnas e profesoras da comarca a carón do río Miño. As persoas interesadas en coñecer o ioga, poden achegarse o domingo 1 de xullo, á Alameda da Guarda

A práctica de ioga reuniu a máis de trinta alumnos, alumnas e profesoras da comarca a carón do río Miño, en Goián, para celebrar o Día internacional do Ioga.

Organizado polo Centro de Yoga Almiña de Goián, a clase conxunta correu a cargo da directora do centro, Pilar Díaz Fentanes ( Hari Manit Kaur) e Sam Durga Devi, profesora no Rosal, unha cita pensada para divulgar os beneficios da práctica desta disciplina.

A sesión comezou ás 11 da mañá e os asistentes tiveron ocasión de experimentar a meditación con mantra, e de coñecer as distintas modalidades de ioga, hatha ioga e kundalini ioga . A clase rematou con música en directo, a cargo de Pilar Díaz , e un baño de Gong (un instrumento que favorece a relaxación e co que rematan todas as clases). Todo o necesario para que os participantes puideran sentir un profundo benestar.

As persoas interesadas en coñecer e practicar ioga, poden achegarse o próximo domingo 1 de xullo, á Alameda da Guarda, onde se celebrará o Día Internacional desta disciplina, un evento  organizado polo centro de Yoga Awen.  So hai que levar esterilla ou toalla.



X