“Aprendendo a cambiar o conto” seleccionada en dous festivais de cine latinoamericanos

O corto foi promovido polo Concello de Tomiño en colaboración co IES da localidade

A cinta é o resultado dun obradoiro con alumnos de ESO, impartido pola realizadora galega Marta Piñeiro, directora de “Matalobos” e “Padre Casares”

Aprendendo a cambiar conto (https://vimeo.com/88919556), experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero con adolescentes do Concello de Tomiño, dirixida por Marta Piñeiro foi proxectada na sección Mostras especiais do 6º Festival Latinoamericano de Cortomatrajes Imágenes Sociales, celebrado en La Rioja (Arxentina) entre o 13 e o 16 de agosto de 2014.

Agora, ven de ser seleccionada a concurso na V edición do Mujeres en Foco, Festival Internacional de Cine por la Equidad de Género que terá lugar en Bos Aires entre o 25 de setembro e o 1 de outubro.

Máis información e programa en: http://www.mujeresenfoco.com.ar.

 

Aprendendo a cambiar o conto”, é un traballo audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas do IES de Tomiño e dirixida por Marta Piñeiro, foi seleccionada no 6ª Festival Latinoamericano de Curtametraxes Imaxes Sociais que se celebrou do 13 ao 16 de agosto na provincia de La Rioja (noroeste de Arxentina).

A realizadora ourensá Marta Piñeiro, directora de series coma “Matalobos” e “Padre Casares”, foi a responsable (por encargo do Concello de Tomiño) de impartir o obradoiro (coincidindo co Día da Muller), e de montar e editar o traballo final, que ela prefire chamar “experiencia audiovisual”, xa que non é unha curta de ficción nin un documental.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, expresa a súa satisfacción pola noticia e salienta o traballo realizado por Piñeiro e os 20 estudantes tomiñeses. “É fundamental traballar a igualdade a través da educación e dende idades temperás”, comenta.