Arranca o servizo de atención ao público das valedoras transfronteirizas Atenderán en conxunto todos os 1º e 3º mércores de mes, na Cámara de Cerveira e Concello de Tomiño, respectivamente

As valedoras/provedoras transfronteirizas, recentemente designadas polos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, respectivamente, comezaron a súa andadura onte na Casa Consistorial tomiñesa.

A primeira reunión, que contou coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e técnicos de ambos os dous municipios, consistiu nunha toma contacto para sentar as bases dun plan de acción conxunto, coa finalidade de garantir a defensa dos dereitos e intereses particulares dos residentes de Cerveira e Tomiño, como cidadáns europeos transfronteirizos, diante dos órganos e servizos municipais de ambos os dous concellos.

As valedoras/provedoras transfronteirizas (Zara Pousa -Tomiño, e Lurdes Cunha -Cerveira) atenderán en conxunto todos os primeiros e terceiros mércores de mes, na Cámara de Vila Nova de Cerveira e no Concello de Tomiño, respectivamente.

É preciso solicitar cita previa nos seguintes contactos:

  • Município de Vila Nova de Cerveira | Manuela Santos – Tel.251 70 80 20, entre as 9:00 e as 12:30 horas.
  • Concello de Tomiño |Natália Jorge -Tel. 986622001 (ext.5), entre as 11:00 e as 13:00 horas.

O servizo interromperase durante o mes de agosto, e do 15 de decembro a 8 de xaneiro.



X