15 Xul 2014 As familias de acollida de dous nenos saharauis visitan o Concello

DSCN0041_1024x768 DSCN0051_1024x768

Os pequenos estarán en Galicia ata principios do mes de setembro

Sidati e Dahsalama son os dous nenos saharauís, de 11 anos e 10 anos, que pasarán o verán en Tomiño xunto a dúas familias do concello, grazas ao programa Vacacións en Paz que promove a Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí.

Para Sidati é a segunda vez que vén a Galicia. Susana é a súa nai de acollida, que vén de dar a luz hai dúas semanas a Vera, á que Sidati trouxo unha pulseira dende o Sáhara. Gústalle moito Vigo, polos edificios altos e a mar; tamén lle gustan as montañas e coller froita das árbores e comela recen cortada.

Dahsalama, en cambio, é a primeira vez que vén a Tomiño. Quedarase en casa de Emilia e Jose, que non teñen fillos propios.

Ambos os dous nenos foron recibidos onte pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e as concelleiras de Educación (Olga Orduña) e de Cultura (Cristina Martínez ), que lles agasallaron cuns balóns de fútbol e libros, desexándolles unha boa estadía.

Lles acompañaba outra familia de Tui, cos dous nenos que acollen (Ashma e Mohamed).

Todos disfrutarán destas vacacións en Tomiño ata os primeiros días de setembro.



X