Cen persoas disputarán unha das cincuenta prazas para o novo curso da ESO en Tomiño

Os participantes terán que realizar probas de selección o vindeiro día 20 en Goián

Máis de cen persoas de Tomiño, inscribíronse no curso preparatorio para realizar as probas da ESO por libre; as de acceso a ciclos medios de formación profesional ou de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.

Entre este centenar de persoas, atópanse homes e mulleres de entre 18 e 50 anos, concentrándose a maioría na franxa de idade de 25 a 45. No que respecta ao nivel de estudos, a metade das persoas interesadas teñen estudios secundarios sen rematar e o resto posúe o Graduado Escolar ou so algúns cursos de primaria.

Todas as persoas inscritas, moitas das cales atópanse no paro, terán que acudir a un proceso previo de selección para poder realizar o curso, xa que so hai 50 prazas dispoñibles. Estas probas celebraranse o día 20 de novembro de 2014 no Edificio da Escola Obradoiro de Goián. Os horarios das mesmas publicaranse na páxina web do Concello de Tomiño www.concellotomino.com e no taboleiro de anuncios, mañá, día 19 de novembro.

 

 



X