Centos de persoas participaron na campaña dos namorados organizada polo Mercado de Tomiño

  • Os praceiros e praceiras xa traballan noutras accións de dinamización para o Día do Pai

 

Dado o éxito de participación obtido pola campaña do día dos namorados organizada polos praceiros e praceiras do Mercado Municipal de Tomiño, estes xa están preparando a próxima campaña, que estará dedicada ao Día do Pai.

A de San Valentín comezou o día 1 de febreiro e consistiu no sorteo dunha cea no restaurante Pedregales, apuntando os datos no tícket de compra en calquera dos postos do mercado.

O día 14 pasado procedeuse á apertura da urna, constatando un nivel de participación moi elevado. O agraciado co premio resultou ser Enrique Castro, veciño da localidade.

 



X