Tomiño celebra o Día do Orgullo cun xogo de escapismo ao aire libre

Tomiño celebra o Día do Orgullo cun xogo de escapismo ao aire libre A OMIX organizará esta actividade o venres 28 de xuño de 20 a 22 h. Inscricións abertas na web municipal

A OMIX de Tomiño conmemora o Día do Orgullo dun xeito diferentes: cun emocionante xogo de escapismo ao aire libre nunha versión adaptada ao centro do municipio. O vindeiro venres 28 de xuño, Tomiño ofrecerá unha experiencia única e enriquecedora chea de desafíos e enigmas apaixonantes da man da cooperativa galega de escape rooms urbanos personalizados Skeirrum.

O xogo ofrecerá unha experiencia inmersiva na que as persoas participantes terán que resolver diferentes probas e superar retos mentres percorren as rúas, prazas e parques do centro de Tomiño, facendo que en cada curruncho haxa segredos á espera de ser descubertos.

As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse a través do formulario habilitado na web municipal. A actividade desenvolverase de 20.00 a 22.00 horas e terá un custo por persoa de 15 euros.