02 Feb 2015 Cultivos do Baixo Miño estarán presentes nas principais feiras internacionais de Alemaña, Francia e Portugal

AcuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), informa que o 75% da planta galega que se exporta es producida nos viveiros da comarca

IMG_9973_5616x3744 (Copy)

Os cultivos do Baixo Miño estarán presentes nas principais feiras internacionais: IPM ESSEN, en Alemaña (Essen, do 27 ao 30 de xaneiro), Salon du Végétal en Francia (Angers,17, 18 e 19 de febreiro) e Lusoflora en Portugal (Santarem 27 e 28 de febreiro).
Para AcuBam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), a participación nas principais feiras internacionais do sector evidencia a importancia produtiva da comarca, convertida xa no referente galego do viveirismo. De feito, o 75% da planta galega que se exporta é producida nos viveiros da comarca do Baixo Miño.
O microclima existente na zona permite o cultivo de planta que complementa a outras máis asentadas en países como Inglaterra, Holanda, Bélxica, Alemaña, Italia ou Francia.
A distribución do cultivo do Baixo Miño aínda se fai principalmente en España (60 %) pero o 40% restante vai para o estranxeiro. Portugal, Francia, Reino Unido, Italia, Bélxica, Holanda, Alemaña e Suíza son os principais importadores desta produción.
A alcaldesa de Tomiño expresa a súa satisfacción polo crecemento deste importante sector na economía local, que poderá verse reflectida en breve na 12ª edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño, organizada por AcuBam en colaboración co Concello, os días 28 e 29 de marzo, en Goián.
Máis información en:
http://mostradecultivos.eu/mirando-europa/



X