A Concellaría de Medio Ambiente organiza un curso gratuito de conservación da natureza en relación coa flora exótica invasora

A Concellaría de Medio Ambiente organiza o vondeiro 10 de marzo, un curso gratuito de conservación da natureza en relación coa flora exótica invasora.

A acción formativa, de caracter teórico-práctico, enmárcase dentro do proxecto de inicio de erradicación e control de invasoras que a concellaría presentou a unha convocatoria para Concellos con Zonas de Especial Conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000.

O proxecto foi finalmente aprobado, e cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Este curso estará a cargo dun biologo especializado da empresa Arcea Xestión de Recursos Naturais, S.L., que impartirá catro horas de teoría na Aula Cemit de Tomiño, entre as 9.30 e as 13.30 horas. Pola tarde, entre as 15.30 e 19.30 horas, impartirá outras catro horas de traballo de campo, na ribeira do Miño.

A acción está destinada a traballadores/as en paro e público interesado, existindo un número máximo de plazas (20).

A inscrición poderá efectuarse até o día 8 de marzo no Rexistro Xeral do Concello.



X