Dúas estudantes de secundaria representarán a Tomiño nunhas xornadas sobre as cidades amigas da infancia A alcaldesa acompañará ás alumnas para falar sobre “A voz da infancia e da adolescencia nos gobernos locais”

Dúas estudantes de Secundaria participarán mañá en Santiago de Compostela, nas II Xornadas Formativas Programa Cidades Amigas da Infancia en Galicia”, organizadas por UNICEF Comité Galicia, en colaboración coa Fegamp e a Consellería de Política Social, e nas que se afondará  no Programa Cidades Amigas da infancia a través dos seus obxectivos, traxectorias e liñas de traballo. Así mesmo, coñeceranse e compartiranse experiencias de participación infantil e adolescentes impulsadas por concellos galegos.

Acompañadas pola alcaldesa, Sandra González, as alumnas Marta Tiago e Xulia Oliveira, do IES Alonso Ríos, e integrantes do Consello Local de Infancia e Adolescencia “Voces novas” de Tomiño, participarán nunha mesa redonda denominada “A voz da infancia nos gobernos locais”, na que tamén haberá representantes dos concellos de Castrelo de Miño, Ourense e Teo.

Estas xornadas teñen que ver coa solicitude presentada polo Concello de Tomiño, para ser recoñecido coma Cidade Amiga da Infancia; converténdose, de conseguilo, (no mes de outubro coñecerase o resultado) na primeira vila de Pontevedra con este selo.

  • Data: mércores 19 de setembro
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP)- Santiago de Compostela
  • Horario: de 9:00 h a 14:45 h
  • Consultas e dúbidas: galicia@unicef.es ou no  91 378 86 04

 



X