Estás celebra o seu tradicional Serán da Debullada Será este sábado 13 de febreiro a partir das 21.30 horas no Centro Social da parroquia

A parroquia tomiñesa de Estás celebra un ano máis o seu tradicional Serán da Debullada, unha actividade de lecer durante a que os veciños e veciñas preparan o millo que será poxado na Festa de San Sebastián. Organizado pola Asociación Cultural de Mulleres do Maraghozo e pola comisión de festas de San Sebastián, este evento chega este ano á súa oitava edición.

Este sábado 13 de xaneiro a partir das 21.30 horas, os asistentes poderán desfrutar no Centro Social de Estás de boa música tradicional a cargo de gaiteiros e pandereteiras e participar na tarefa de debullar o millo, coller as mazarocas e separar os grans do carozo.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Tomiño, do Centro Social e Cultural de Estás, da Cafetería Estás e de Agrícola Tomiño.



X