13 Nov 2014 Novo curso de formación de adultos para preparar o examen da ESO

O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de adultos co obxectivo de preparar aos alumnos para obter o graduado da ESO por libre; para preparar as probas de acceso a ciclos medios de formación profesional, ou ben, para presentarse ás probas de competencias clave da Consellería de Traballo e Benestar.

Os requisitos para inscribirse no curso son os seguintes:

  • Estar empadroado en Tomiño.
  • Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
  • Cumprir 18 anos antes do 1 de setembro de 2015, para acceder ás probas por libre para obter o título da ESO.
  • Cumprir 16 anos durante o ano 2015, para acudir ás probas de competencias clave que convoca a Consellería de Traballo e Benestar.
  • Cumprir 17 anos durante o ano 2015, para acudir ás probas de acceso a ciclos medios.

As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días 14 de novembro e as 14:00 horas do 18 de novembro de 2014, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

Ademais, terán que acudir ás probas do proceso de selección que se celebrarán o 20 de novembro de 2014, no Edificio da Escola Obradoiro de Goián.

Os horarios das probas publicaranse na páxina web do Concello de Tomiño www.concellotomino.com e no taboleiro de anuncios municipal, o día 19 de novembro de 2014..



X