O CEIP de Goián presenta un libro didáctico sobre as fortalezas de Tomiño e Cerveira

Durante o curso 2012-2013 o CEIP Pintor Antonio Fernández participou no concurso que leva a cabo a Fundación Antón Fraguas, co proxecto “ Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial” , resultando premiado na modalidade de Ensino Primario. A raíz deste proxecto e deste premio, o alumnado e profesorado do centro realizou diversas actividades e traballos de investigación sobre a historia, a fala, os oficios, a toponimia da zona… que foron expostos no Museo do Pobo Galego en Santiago.

Unha vez finalizada a mesma, prantexouse a idea de publicar un libro didáctico con todo o material recompilado e as actividades realizadas polo alumnado.

A presentación deste interesante traballo terá lugar o venres 12 de decembro no Centro Goianés, ás 20:00 horas.