O Concello leva a cabo obras na rúa A Guarda co obxectivo de incrementar a seguridade vial e accesibilidade nesta céntrica vía

Concello Tomiño. Obras rúa A Guarda 2 (Copy) Concello Tomiño. Obras rúa A Guarda 4

Concello Tomiño. Obras rúa A Guarda 5 Concello Tomiño. Obras rúa A Guarda 3

A vía é unha das máis transitadas da vila, dado que ten gran concentración de comercios e edificios

O Concello leva a cabo nestes días varias obras de mellora na rúa A Guarda, unha das máis céntricas da vila e con maior concentración de casas comercias e edificios de vivendas.

A obras teñen coma finalidade mellorar as condicións de accesibilidade e circulación na rúa, co conseguinte incremento da seguridade vial para os numerosos peóns e automóbiles que transitan diariamente pola vía, con supermercados, bares, e moitos outros comercios.

As obras consisten concretamente en:
• Cambio no sentido do aparcamento en diagonal co obxecto de mellorar a seguridade vial en cuestión de visibilidade,
• Reaxuste das zonas de carga e descarga, marcando as prazas de aparcamento regulado nas horas non reservadas a tal fin,
• Reserva e sinalización da zona previstas para residuos sólidos urbanos.
No segundo tramo da rúa, procederase, ademais, á:
• Ampliación das beirarrúas creando novos espazos peonís con dotacións de bancos e elementos de xardinería,
• Construción de novas beirarrúas para completar e/ou comunicar as existentes,
• Construcións de novos pasos de peóns elevados adaptados ás normas de accesibilidade en vigor, que garantan itinerarios accesibles en toda a rúa para persoas con discapacidade,
• Reasfaltado deste tramo de rúa por atoparse o mesmo en malas condicións,
• Ampliación das dimensións das prazas de aparcamento existentes facéndoas máis cómodas,
• Reserva dunha praza de aparcamento para persoas con discapacidade,
• Repintado das marcas viais para regularizar o tráfico de maneira segura.