23 Ago 2017 O Conselleiro de Educación visita o Colexio de Sobrada en Tomiño O centro está en plena obra de ampliación das súas instalacións

Esta mañan o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, visitou acompañado pola Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, as obras de ampliación das instalacións do colexio da parroquia tomiñesa de Tomiño.

Esta obra, cun imvestimento de 130000€ supón a acometida dunha intervención que viña sendo necesaria no centro para a mellora da actividade educativa. O Concello de Tomiño agradece esta intervención, e así o trasladou a alcaldesa ao Conselleiro.

Ademáis da visita ao centro, o Conselleiro tivo ocasión de coñecer as intervencións que o Concello ven acometendo nos centros educativos do municipio, cunha aposta clara pola mellora das instalacións e unha inversión municipal moi elevada. Exemplos de estas instervencións de mellora son a reforma dos patios dos colexios do Seixo e de Barrantes, a mellora dos teitos e das ventas en outros colexios, ou a mellora das instalacións das escolas unitarias, o que fai do Concello de Tomiño un dos que máis invisten en educación.



X