17 Xul 2014 O Festival de Acordeóns de Forcadela chega á súa quinta edición, o sábado 19 de xullo

O Festival de Acordeóns de Forcadela (Tomiño) chega ao seu 5º ano consecutivo, o vindeiro sábado 19 de xullo ás 20.00 horas, un ano máis, no terreiro de festas de Forcadela (Tomiño).

Este ano,como en anteriores, agárdase unha gran afluencia de público,que cada ano aumenta, grazas aos seguidores e amantes deste instrumento.

Contarán coas actuacións dos grupos “Os Lóstregos” (A Estrada); “AVV. Monte da Mina” (Castrelos); “Asoc. Amigos do Acordeón Rías Baixas” (Meaño); “Os da Ponte da Toralla”; “Escola de Música Bieito Blanco” (Ourense); “Grupo Brisas” (Bouzas); “Escola de Acordeóns de Torroso”, e alumnos da “Asoc. de acordeonistas de Tomiño”.

Todos os participantes serán obsequiados cun diploma pola súa participación ao finalizar o acto.

Dende a Asociación de Acordeonistas de Tomiño, convidan á xente de Tomiño e doutros concellos, a que participe do festival. “Animamos a todos aquelas personas interesadas en aprender este instrumento, que se acheguen a nosa Asociación, xa que na actualidade contamos con alumnos de todas as idades”, comentan os organizadores. Asemade, agradecen ao Concello de Tomiño e Deputación Provincial pola súa colaboración.



X