O Outono Cultural contou con máis de 1000 espectadores

outono-cultural 2014 con logo DeputaciónA Casa da Cultura logrou reunir unha media de 200 persoas por función

Máis de 1000 espectadores/as pasaron pola Casa da Cultura de Tomiño, durante o Outono Cultural 2014, organizado polo Concello e a Deputación de Pontevedra, e no que participaron seis grupos e actores destacados do panorama teatral galego, como Fulano, Mengano e Citano, Mofa e Befa, Cándido Pazó ou Xavier Deive.
A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que a media por función roldou as 200 persoas, co que queda amosado o interese do público tomiñés polas programacións teatrais de calidade.
Dende o día 5 de outubro pasado, as compañías convidadas foron pasando pola Casa da Cultura, en funcións de domingo ás 20.00 horas. A primeira obra representada foi “Sede de mal”, cos actores Luis Iglesia e Xabier Deive (“Matalobos”). A segunda obra foi “Decameron, historias para tempos ruíns”, con Cándido Pazó, chegando logo, po esta orde, “Misión Sapiens”, da Compañía Malasombra Produccións; “Cociña económica”, de Mofa e Befa; “As do Peixe” e, pechando o ciclo o día 30 de novembro, “Viva a crise”, de Fulano, Mengano e Citano.