Os atletas Álex e Christian Sierpes e Elisa Morgado, do Atletismo Trega de Tomiño, conseguen tres novas medallas O pasado sábado, disputouse nas pistas de CGTD de Pontevedra, o último campionato galego oficial das categorías menores de base, en pista ao aire libre

Os atletas Álex Sierpes, Christian Sierpes e Elisa Morgado, do Atletismo Trega de Tomiño, conseguen tres novas medallas: dous de ouro, e unha de prata, así coma unha marca galega nas pistas do CGTD de Pontevedra, no último Campionato Galego Oficial de Pista ao aire libre da tempada 2017-2018, pechando unha tempada inmellorable.

O pasado sábado, disputouse nas pistas de CGTD de Pontevedra, o último campionato galego oficial das categorías menores de base sub10-benjamín, sub12-alevín, e sub14-infantil, en pista ao aire libre desta tempada.

O positivo e destacado sería que a nosa expedición tomiñesa obtería 2 títulos autonómicos, 1 subcampionato e unha nova marca galega, que estaría a cargo dos coñecidos irmáns Sierpes e Elisa Morgado.

A primeira alegría viría a cargo da nosa futura promesa, Christian Sierpes Pereira, 1er clasificado cunha marca de 10’46”42 mellorando un pouco máis a súa marca persoal, conseguindo unha vez máis entre outras ese desexado título de Campión Galego dos 2000 metros marcha ao aire libre, despois dunha proba que tivo tanta polémica por faltas técnicas e descualificacións, que obrigaron a atrasar todo o protocolo da entrega de medallas e resultados, ata media tarde, pero a pesar de todo iso os xuíces souberon emendar o problema.

A segunda e mellor satisfacción, viría a cargo do seu irmán Álex Sierpes na distancia dos 2000metros lisos, proclamándose Campión Galego cunha marca de 6’46”85 unha vez máis entre moitas , conseguindo superara súa propia marca galega.

E a última felicidade a daría a pequena, Elisa Morgado Rodríguez, na categoría (sub12- alevín feminino) na distancia 2000metros lisos, conseguindo o subcampeonato galego con medalla de prata, facendo un crono de 7’41”52, non podendo mellorar a súa marca persoal, xa que, durante a proba, o primeiro parcial de voltas, foi demasiado lenta.

Pero aínda que non puideron subir ao podio, os demais deportitas do club, tiveron tamén unha destaca actuación:

-Marcela Morgado Rodríguez na proba de 1000 metros obstáculos con ría (sub14- infantil feminino) resultou 4ª clasificada.

-Yeray Dacuña Sierpes nos 1000 metros lisos (sub10- benxamín masculino) foi tamén 4ºclasificado.

-Mara Romeu Vicente no lanzamento de peso 2kg, 5ta clasificada cunha marca de 7.70metros e en velocidade 60ml, serie A: 7ª clasificada (sub12 alevín feminino).

-Carmen Magallanes Pérez en 2000 metros lisos, 8 clasificada (Sub12- alevín feminino).

-Paula Lago Sánchez en 50metros lisos, 3ª clasificada – 16/ 9ª clasificada e en 500 metros lisos 11ª clasificada 16/ 11ª clasificada (sub10- benxamín feminino).

-Paula Martín Pousa 1000 metros marcha (sub10- benxamín – feminino) 14 clasificada, 16/14 clasificada.

– Antía Rodríguez Otero, 2000 metros lisos (sub14- infantil feminino), 14 clasificada- 16/14.

-Paula Rocha Bautista 1000 metros lisos (sub10- benxamín feminino) 16/15 clasificada.

-Amanda Martínez Sierpes 1000 metros lisos (sub10- benxamín feminino) 16/16 clasificada.

Dende o club, dan os parabéns a todos os participantes, o mesmo que dende a Concellería de Deportes, por unha tempada chea de logros e polo esforzo persoal.

Asemade, fan un chamamento a todas as persoas interesadas en formar parte do club para a tempada 2018-2019, que se poñan en contacto a través do Facebook (S.A Trega).

Informa: Patri Pereira.