Presentada a Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020

Entre as primeiras actividades que se organizarán conxuntamente atópanse unhas xornadas e a creación dun portal web e dun logotipo

Presentación Axenda Estratéxica 1 Presentación Axenda Estratéxica 7

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, presentaron este mediodía a Axenda Estratéxica para a cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, composta por proxectos e eventos organizados conxuntamente polos dous municipios transfronteirizos no marco da Carta da Amizade que una a ambas as localidades.

Presentación Axenda Estratéxica 4 Cartaz Focus Group GALEGO final

Durante o acto, celebrado ás 12 horas (hora española) no Auditorio da Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira, presentouse o programa metodolóxico, o portal web e o logotipo representativo da Amizade Cerveira-Tomiño.

Dentro da Axenda Estratéxica para a cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020, destacan unhas xornadas e grupos de estudo que tendrán lugar a partir do día 13 de este mes, rematando no mes de decembro.

Deste xeito, o primeiro grupo de traballo (Focus Group 1. “O río Miño coma recurso a potenciar”), celebrarase o día 13 de novembro ás 9.30 horas nos locais do Aquamuseu do Río Miño (Vila Nova de Cerveira).

A segunda cita (Focus Group 2. “Mobilidade transfronteiriza e desenvolvemento territorial”), terá lugar o 20 de novembro ás 10.30 horas, no Centro Goianés (Goián. Tomiño).

O terceiro encontro (Focus Group 3. “Xestión compartida dos servizos públicos locais”) será o 27 de novembro, ás 9.30 horas, na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira.

Finalmente, o día 4 de decembro, ás 10.30 horas, celebrarase o cuarto e último foro (Focus Group 4. “Desenvolvemento económico”), na Casa da Cultura de Tomiño.



X