IDAE. PROGRAMA DE AXUDAS PARA INVESTIMENTO EN PROXECTOS SINGULARES LOCAIS DE ENERXÍA LIMPA EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO (PROGRAMA DUS 5000)
Importe da axuda: 835.910,33 €
Obxectivo: Reforma das instalacións de alumeado exterior do Concello de Tomiño co fin de mellorar a calidade da contorna, reducir o consumo de enerxía final e as emisións de dióxido de carbono, mellorando o coñecemento do consumo enerxético mediante a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS DE TITULARIDADE PÚBLICA
Axuda concedida: 560.558,66 €
Obxectivo: Rehabilitación da antiga Escola pública de Sobrada para Casa do Tempo.
O obxectivo máis ambicioso deste programa é a renovación de edificios públicos procurando para 2050 un parque de edificios de calidade, de alta eficiencia enerxética e descarbonizado, en liña cos obxectivos que persegue Europa na loita contra o cambio climático.
AGADIC. AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN E A XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS
Importe da axuda: 25.600,79 €
Obxectivo: modernización do sistema de iluminación do Auditorio de Goián, un dos equipamentos culturais máis importantes do Concello de Tomiño.
Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e a transformación dos espazos escénicos e musicais promovendo un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión.
AXUDAS PARA O APOIO A MERCADOS, ZONAS URBANAS COMERCIAIS, COMERCIO NON SEDENTARIO E CANLES DE COMERCIALIZACIÓN
Importe da axuda: 513.676,00 €
Obxectivo: Consolidación do traballo que se ven realizando para evitar a perda do comercio de proximidade en Tomiño e na Parroquia de Goián, tanto dende o punto de vista da oferta comercial, como de todo o que achega socialmente como centro de encontro social e de relación, de servizo ás persoas con mobilidade reducida, e de continuidade dun modo de vida e dunha cultura que se quere seguir mantendo e desfrutando.