SES e a súa música reivindicativa chegan á Praza do Seixo este sábado ás 22.30 A cantautora coruñesa presentará o seu novo disco

A música social e reivindicativa de Sés chega este sábado 24 28 de xullo a Tomiño. Ás 22.30 horas na Praza do Seixo, esta cantantautora, unha das artistas máis recoñecidas no panorama musical galego actual, sairá ao escenario nun concerto de balde e que se celebra no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra e O son da praza! do Concello de Tomiño.

‘Readmirando a condición é o quinto traballo de SES no que a cantautora coruñesa volve aos seus inicios para voltar a gravar, musicar e arranxar o seu primero disco, Admirando a condición. Este novo álbum inclúe ademáis un tema inédito e homónimo e converte ás cancións do seu primeiro disco cunha sonoridade moito máis potente. Foron gravadas de novo dende cero e arranxadas por ela mesma. O seu inconfundible estilo levouna a convertirse na artista máis relevante de Galiza nos últimos anos ata chegar a ser un fenómeno social que non deixa de medrar e que consegue conectrar co público en todos os seus concertos.

Despois do Barrantes Folk e do XXV Encontro dos Pobos, o concerto de Ses é a terceiro gran evento do programa tomiñés O son da praza!, que achega a mellor música á Praza do Seixo durante os meses de verán

Cinema de balde ao aire libre

A axenda de verán do Concello de Tomiño continúa a botar fume e este venres ás 22.30 horas na Praza do Seixo, no marco do cinema ao aire libre que se celebra no mes de xullo, proxectarase a película ‘Tu mejor amigo’, basada na novela ‘La razón de estar contigo’ que narra cómo, a través de diversas reencarnacións, un mesmo can terá a oportunidade de vivir tres vidas distintas ao cafrón dos seres humanos. Trátase dunha película ideal para todos os públicos e para que os pais e nais acudan cos seus fillos. A película trata sobre a familia Wishbone, que está a pasar por un mal momento. Coma sempre, a entrada é de balde.

As anteriores tres películas que xa se proxectaron no cinema de balde de este verán foron todo un éxito de asistencia e o Concello espera que a Praza do Seixo se volva a encher de familias para disfrutar de ‘Tu mejor amigo’.