Tomiño conmemorou hoxe o 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia

A actividade, na que participaron todos os centros educativos, contou coa presenza da responsable de Unicef Vigo e Zona Sur, da alcaldesa de Tomiño, e da concelleira de Educación

DSC_0276 (Copy) DSC_0286 (Copy)

O Concello de Tomiño celebróu esta mañá un acto conmemorativo do 25 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia, que contou con alumnado de todos os centros educativos do municipio.
O acto, presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a concelleira de Educación, Olga Orduña e a responsable de Unicef Vigo e Zona Sur, María José García, tivo lugar no Salón de Plenos ás 11 da mañá.

DSC_0295 (Copy) DSC_0280 (Copy)
Foron os propios escolares os que deron lectura, en primeiro lugar, a un manifesto redactado por eles, sobre os dereitos e deberes da infancia, pasando logo a ler entre todos, un resumo do manifesto de Unicef sobre os dereitos dos nenos e nenas.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tomou nota de todo o expresado polos estudantes e comprometeuse en nome do goberno local, a repetir o acto o vindeiro ano, e a traballar nos aspectos mellorables no eido dos dereitos da infancia, especialmente no da educación, pedindo o compromiso da comunidade educativa no mesmo sentido.

DSC_0285 (Copy) DSC_0297 (Copy)
Asemade, lembrou que a organización deste acto vén precedida pola distinción de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal 2014, outorgada recentemente ao Concello de Tomiño por Unicef, no VII Certame de Boas Prácticas.
Os seguintes pasos que se darán agora dende o Concello, será seguir traballando na mesma liña para acadar o premio Cidade Amiga da Infancia, de Unicef, así coma asinar o “Pacto de Estado a prol da Infancia”, que en breve se levará a pleno para a súa aprobación.

DSC_0296 (Copy) DSC_0299 (Copy)

DSC_0300 (Copy) DSC_0316 (Copy)