Tomiño contrata a 25 persoas desempregadas ao abeiro da subvención da Deputación Provincial para o “Plan Concellos 2018” Os contratos terán unha duración media de nove meses, con data de finalización 31 de decembro de 2018

Ao abeiro da subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2018. Liña 3: Emprego para conservación de bens e servizos municipais, o Concello de Tomiño, vén de contratar 25 novos traballadores e traballadoras, por importe de 277.327,45 euros, para levar a cabo o mencionado plan.

Concretamente, contratáronse dúas técnicas administrativas, unha enxeñeira técnica forestal, dous electricistas, dous carpinteiros, once peóns de xardinería, unha educadora social, un albanel, dous peóns da construción, un mecánico de mantemento automoción, un condutor-operador de retroescavadora e un soldador especialista de estruturas metálicas lixeiras.



X