Tomiño homenaxea aos seus deportistas destacados

Entre os distinguidos estiveron o Tebra F.C. e A.D. Tomiño, que ascenderon de categoría, e tres judokas que pecharon a súa tempada con varios títulos

O acto tivo lugar onte, domingo 1 de xuño, no Concello

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, celebrou onte un acto institucional de homenaxe para felicitar aos deportistas destacados da última tempada no eido do fútbol, fútbol base e judo.

Entre os distinguidos, atopábanse os integrantes do Tebra F.C., que vén de ascender a segunda rexional autonómica, e Asociación Deportiva Tomiño Alevín-Infantil (A.D. Tomiño), de fútbol base, categoría cadetes, que tamén ascendeu, tras consagrarse campión de liga.

Asemade, recibiron a felicitación do Concello os judocas Brais Pereira (Medalla de BRONCE no Campionato de ESPAÑA cadete; Campión na fase sur do Campionato Galego Cadete; Campión galego cadete na categoría de menos de 81 Kg.; Medalla de bronce no Campionato Galego Junior; Medalla de bronce no sector nacional junior eQuinto posto na Copa de España de Burgos); Yohanna Da Cuña González (Campiona galega de judo, na categoría Infantil -44 kg.)eMedalla de oro Torneo Liceo La Paz); e Adrián Romero González (Medalla de plata Torneo Liceo La Pazesubcampión galego de judo, na categoría infantil -50 kg.).

Dentro de este equipo está Judit García, única rapaza do grupo e capitana que recibiu a placa en representación dos seus compañeiros.

O acto estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, acompañadas polo concelleiro de Benestar Social, Suso Montero, e de Iluminación Pública, Ismael Claro.

As dúas primeiras salientaron o esforzo realizado tanto polos deportistas coma polos seus adestradores para conseguir o ascenso de categoría, ou medallas a nivel autonómico e nacional.

Para unha segunda quenda quedaron outros deportistas, coma palistas tomiñeses do Club Deportivo Miño “Os Teixugos” e outros da comarca, que aínda non finalizaron a súa tempada, aínda que xa lograron varios títulos.

 

[justified_image_grid]