19 Dec 2014 Tomiño, primeiro Concello da comarca en levar a pleno os Orzamentos 2015

As contas ascenden a 6,4 millóns de euros e irán a pleno este venres

Un dos investimentos principais farase en saneamento, con diversas obras por valor de 300.000 euros

O goberno local de Tomiño levará a pleno a aprobación provisional dos Orzamentos 2015, este venres, 19 de decembro, ás 19.00 horas na Casa do Concello. As contas municipais ascenden a 6,4 millóns de euros, e son as primeiras da comarca en aprobarse .
O concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, sinalou que a prioridade do goberno municipal para o 2015 será o Plan Municipal de Saneamento, así coma a finalización de obras xa comezadas, como a Escola de Música.
O edil indicou que este ano volveranse a priorizar tamén as partidas para Educación, Deportes, Servizos Sociais e Colaboración Social. No primeiro destes eidos, incrementaranse as axudas para material escolar e para actividades extrescolares gratuítas.
No eido do deporte, construirase unha nova pista de atletismo no CEP Pedro Caselles, da que se fará un uso compartido (polas mañás para o alumnado e polas tardes para particulares). Deste xeito, darase continuidade a Área Deportiva do Mosteiro, que conta xa con varias pistas de tenis.
Reforzaranse tamén as partidas dedicadas a cubrir axudas para os usuarios dos Servizos Sociais, cuxas necesidades, desafortunadamente, cada vez son máis, tanto no eido da atención á dependencia, coma na axuda para alimentos, luz, etc. e copagamento de gastos farmacéuticos dos enfermos crónicos, etc.
Continuando coa política de investimentos e racionalización en partidas de gasto corrente, o goberno local destinará 40.000 euros en obras de aforro e eficiencia enerxética.
Benítez lembra que a situación do Concello de Tomiño “segue a ser saneada, e unha das razóns para ser o Concello que leva primeiro os orzamentos a pleno na comarca, é precisamente, a vontade de pagar aos provedores o antes posible”.

Orde do Día:

ORDE DO DÍA 19.12.2104

 



X