06 Set 2016 Tomiño recoñece a labor do sociólogo urbanista Daniel Pino, no 10º Acto Cívico das Festas do Alivio

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 11 de setembro, na Praza do Seixo, a partir das 11 da mañá

Na 10ª edición do Acto Cívico do Alivio, o Concello de Tomiño homenaxeará, como o vén facendo habitualmente, a un tomiñés distinguido. Este ano o acto, que terá lugar o domingo 11 de setembro ás 11.00 horas na Praza do Seixo, terá coma protagonista a Daniel Pino Vicente, sociólogo urbanista, nado en Forcadela en 1943 e autor, entre outros, do libro Galicia Urbana, que vén de presentar xunto a Rubén C. Lois, profesor da USC.

Fundador da empresa Consultora Galega e director do IGVS durante o goberno do bipartito na Xunta de Galicia.

O Concello de Tomiño quere recoñecer con este acto cívico a traxectoria de Daniel Pino especialmente no eido do urbanismo, salientando o seu gran coñecemento da xeografía rural e urbana, unha das súas paixóns.

O homenaxeado deste ano ten no seu haber numerosas obras no ámbito científico e literario, así coma importantes premios pola súa labor no eido do urbanismo (Premio Europeo de Urbanismo pola Ordenación e Recuperacións Integral do Conxunto Histórico de Allariz e o seu río. 1994; Premio Galicia de Deseño polo Plan Xeral de Ordenación de Vilagarcía. 1985, ou Premio Nacional de Urbanismo polo Plan Especial de Protección do Pazo de Oca e o seu entorno. 1981).

 

Para máis información:

impreso homenaxeado2016



X