06 Nov 2014 Últimos días para achegarse ao xacemento romano de Currás, a través da mostra organizada polo Concello

DSCN9373 (Copy) DSCN9366 (Copy)
Dende o pasado día 25 de outubro, pasaron pola exposición, cerca de 800 persoas, incluídos 368 escolares dos centros educativosA exposición arqueolóxica “Tomiño Romano”, organizada polo Concello de Tomiño en colaboración coa Universidade de Vigo, permanece aberta até o vindeiro día 9 de novembro en horario de mañá e tarde (11 a 14 e 17 a 20 horas).Inaugurada o día 25 de outubro pasado, co apoio da Comunidade de Montes e asociación veciñal de Currás, a mostra rexistrou na súa primeira semana até o día de hoxe cerca de 800 visitas, incluídas as 368 de escolares de Primaria e ESO, así coma unha visita grupal de 40 persoas da Universidade de Vigo.Os escolares tomiñeses, ademais de coñecer en detalle o pasado da parroquia de Currás en tempos do imperio romano, confeccionaron un mosaico, seguindo modelos da época, que resultou un traballo moi interesante e divertido.

DSCN9326 (Copy) DSCN9323 (Copy)

A partir de paneis explicativos, vídeos e mostra das pezas arqueolóxicas máis representativas, a exposición permite ao visitante coñecer en detalle o traballo desenvolto no marco do convenio de I+D asinado polo concello de Tomiño e o Grupo de estudos de arqueoloxía, antigüidade e territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, para a recuperación e posta en valor do xacemento situado no lugar dos Medos.

Segundo os expertos da Universidade de Vigo, os antepasados dos veciños e veciñas da parroquia, non vivían illados, senón en intenso contacto (a través do Mediterráneo, Exeo,e río Miño) coas principais urbes orientais do imperio, como o amosan os restos de importación atopados nas escavacións de 1972 e 2013 (vaixela fina, cerámica, viño, aceite, olivas, etc.), procedentes de países coma Italia, Turquía, Siria ou Palestina.

DSCN9341 (Copy) DSCN9335 (Copy)

Tamén mantiveron unha estreita relación coa capital da rexión na aquela época, Bracara Augusta (actual cidade lusa de Braga), de onde traían tamén vaixela, viños e outros produtos e utensilios, que poden contemplarse ata o vindeiro domingo 9 de novembro, na Casa da Cultura tomiñesa (11 a 14 e 17 a 20 horas).

DSCN9320 (Copy) DSCN9317 (Copy)DSCN9348 (Copy) DSCN9369 (Copy)



X