UNHA NOVA EDICIÓN DO “TOMIÑO ÚNICO” PROPÓN RUTAS POR PETROGLIFOS E CAMIÑO DE SANTIAGO A primeira das saídas será o mércores 12 de xullo

A nova edición do ciclo “Tomiño Único”, organizado pola Concellalía de Turismo do Concello de Tomiño, que dirixe Fátima Rodríguez, propón tres rutas diferentes para coñecer o patrimonio natural, etnográfico e histórico do municipio, da man de expertos guías que acompañarán ás persoas apuntadas.

A primeira saída, “Arte rupestre, visita nocturna aos petróglifos do Monte Tetón”, será este mércores (12 de xullo) a partir das 21.00 horas. O punto de encontro será o Alto do Padrón (extrema entre Tomiño e Gondomar), nas coordenadas GPS: 42.062956, -8.744535.

A seguinte proposta, “Ouro, estrelas e mouros”, será no mes de agosto (mércores 16 de agosto. 20.00h), con punto de partida na Casa da Cultura de Pinzás (coordenadas GPS: 42.055622, -8.782377).

Xa no mes de setembro, terá lugar a terceira e última saída “Camiño do norte a Santiago”. Será o día 16 ás 18.00 horas. O punto de reunión e partida será a Igrexa de Goián (San Cristovo). Coordenadas GPS: 41.946970, -8.773004.

Fátima Rodríguez indica que estas rutas teñen coma finalidade dar a coñecer e por en valor o patrimonio natural, paisaxístico, artístico e etnográfico de Tomiño, a través de percorridos de dificultade media e duración aproximada de 3 horas, destinados a público familiar.

Recomenda levar roupa e calzado cómodo e advirte que os menores de 15 anos terán que ir acompañados por un adulto.

É aconsellable inscribirse previamente, a través da web municipal (www.tomino.gal); enviando un correo a cultura@tomino.gal, ou ben, chamando por téléfono ao 986 622 001.