O Concello de Tomiño clausura o curso de verán de tenis e pádel con máis de 80 alumnos e alumnas.

O Concello de Tomiño ven de clausurar o curso de verán de tenis e pádel que se ven celebrando todos os veráns.
Na actividade participaron máis de 80 alumnos e alumnas organizados en tres niveis: iniciación, perfeccionamento e profesional.
Na modalidade de tenis contou con 56 participantes, todos menores de 18 anos e na pádel 24 alumnos e alumnas dos cales 7 eran adultos.
A actividade formaba parte da programación estival do concello de Tomiño na que se incluían outros deportes como fútbol, ioga, piraguismo, …
As actividades de verán cun clara aposta polo deporte de base, contaron con máis de 320 nenos e nenas de todas as idades. Actividades todas elas que fomentan o traballo en equipo, a comunicación e as relacións entre nenos e nenas de diferentes idades e lugares.
Nenos e nenas de entre 3 e 13 anos son os principais beneficiarios, mais tamén os adultos que participan en actividades como o pádel.
A actividade foi impartida polo monitor Fabián Gutiérrez Corvetto que é diplomado en educación física e coach en P.N.L.
O concelleiro de Educación, Ismael Troncoso, destaca o “a importancia de fomentar o deporte de base en idades temperáns. A programación deportiva de verán ademáis facilita a conciliación familiar nas vacacións, periodo no que moitas familias teñen serios problemas para compaxinar o tempo familiar e laboral”.