03 Mai O Cineclub Poleiro proxecta o xoves, 5 de maio , “Mandarinas”, unha película sobre a guerra de Xeorxia
Un tema de actualidade sobre as fronteiras, as crenzas relixiosas e o odio antinatural que moitos fomentan e outros sofren e tratan de combater
O xoves, 5 de maio ,ás 21:30 no auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta Mandarinas. Unha produción de Estonia,do ano 2013 que conta con guión e dirección de Zaza Urushadze,
Sinopse: En 1990 comenza a guerra nunha provincia xeorxiana que busca a independencia. Ivo, un estonio, a diferencia dos seus compatriotas, decide quedar para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de tanxarinas. Ao comenzar o conflicto, dous soldados, de bandos opostos, resultan feridos diante da sua casa e Ivo coida deles.
Premios: 2014: Satellite Awards: Mellor película de fala non inglesa.
Nominada aos Oscar e aos Globos de Ouro.
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Máis información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337