13 Mai A Asociación Deportiva Tomiño organiza o I Torneo Infantil “Día das Letras Galegas 2016-Manuel María”
A competición celebrarase o vindeiro martes, 17 de maio, no Campo da Carballa
Coincidindo coa festividade do Día das Letras Galegas, a AD Tomiño en colaboración co Concello, organiza un torneo de fútbol amigable, categoría infantil.
A competición contará coa participación dos equipos infantís Erizana CF, Gondomar FB, Sporting Guardés, CF Oiense, UD A Guía, ED Val Miñor, Racing Vilariño e os anfitrións, AD Tomiño.
Os encontros comezarán a disputarse ás 9.30 horas e se estenderán ata as 21.00. Os equipos dividiranse en varios grupos, pasando os primeiros clasificados de cada un, ás roldas eliminatorias.
Jacobo Vázquez, coordinador deportivo da asociación, convida a afeccionados e público en xeral a aproveitar a xornada festiva para compartir co mellor fútbol base, e amosar deste xeito, que o deporte tamén ten cabida na celebración das Letras Galegas.
Contacto para máis información:
Jacobo Vázquez 650 60 18 26.
comunicacion.adtomino@gmail.com